Asuntos Colexiais

Dia Mundial do Traballo Social 2018

Dia Mundial do Traballo Social 2018

MIRIAM

DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL 2018

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 DE MARZO 2018

O pasado venres celebramos o Día Mundial no Traballo Social. Fixémolo no centro sociocultural de Fontiñas. A escolla non foi casual: cremos que é preciso o uso e posta en valor por parte da comunidade deste tipo de infraestruturas.

Abriu o acto a presidenta do COTSG, Míriam Rodríguez Sierra. O discurso é de calado profundo, como unha áncora que sumerxe na area da profesión e nos frea para reflexionar sobre o poliedro que é o traballo social. Son palabras cercanas que narran as vivencias ás que nos enfrontamos día a día as e os traballadores sociais de calquera dos sectores.

Tras Míriam, María Elena Puñal e Saleta de Salvador deron o necesario prisma teórico sobre a ética e a deontoloxía. Como todos os anos, tamén se deron os premios de investigación, Boas Prácticas e TFG e TFM. Por suposto, homenaxeamos ás persoas que cumpriron 25 anos de colexiación.

A Xunta de Goberno agradece o esforzo a quen nos acompañastes e lembra que o Colexio queda aberto a toda a xente que queira aportar ideas, visións, modos de facer. En definitiva, como ben rezaba o noso lema do Día Mundial, todas e todos #TecendoRede

Boas tardes, boas tardes a todas e todos, primeiramente quero dar as grazas de parte da Xunta Directiva (ós  asistentes) pola asistencia a este acto.
Nesta tarde, pretendemos facer unha merecida homenaxe á nosa profesión, o Traballo Social.
O traballo social nace como profesión promotora do cambio e co obxecto de vencer as diferenzas froito da evolución e do crecemento.
Xurde da necesidade de axuda e interdependencia entre as persoas e como mecanismo compensador estructural.
Trátase dunha profesión con raíces profundamente femininas, onde temos que destacar o traballo en rede e coa comunidade das nosas pioneiras.
Entendemos a persoa como portadora de dereitos, e definimos a nosa identidade profesional apartada do asistencialismo e en base a unha metodoloxía científica.
Ben é certo que no momento actual, percíbese dentro do noso colectivo certo desalento, unha certa frustración; a excesiva carga de traballo, a falta de medios persoais, as deficiencias nas xestións, a falta de espazos de coordinación interinstitucionais e entre disciplinas.
Fainos sentir, en moita ocasións, como meros burócratas.
E isto xera, nas persoas que levamos arraigados o compromiso e os valores da profesión e coa cidadanía, un  progresivo desgaste, tendo ás veces a sensación de que facer as cousas ben vai contra corrente; e que cumprir o noso código ético está a ser penalizado.
Pero como imaxino, ou como contan as nosas/os pioneiras, tódalas épocas foron complicadas.
Precisamos voltar ás orixes, a universidade, e por en valor a nosa profesión.
Durante estes anos tan duros de crise económica, moitas persoas contaron cos apoios e acompañamentos de profesionais do traballo social, vivíronse e continuamos a vivir traxedias e problemáticas moi graves nas que, (so) nós dimos respostas.
Non só destacamos na xestión de casos, tamén, na planificación e programación, e na sensibilización á cidadanía para que non deixen de reclamar os seus dereitos.
Somos a conciencia nas institucións, para que non dilúan responsabilidades na tarefa de servir ás persoas, e da sociedade, para que non esquezan ós colectivos máis vulnerables.
Estamos nunha época onde o cuantitativo imponse ao cualitativo, onde toman gran valor os números. Parece que cuns poucos datos e porcentaxes, calquera pode interpretar e avaliar a calidade dos servizos.
Neste contexto sobrevivimos, sobrevivimos nos, e os nosos informes sociais.
Nestes, e por medio das palabras, explicamos os sentimentos das persoas, os seus apoios, relacións familiares-sociais, situación laboral, de saúde, relacións cos seus iguais… en definitiva, a súa realidade, é así como acordamos as intervencións e garantimos a súa efectividade.
Capacitamos ás persoas para a superación das crisis vitais, sempre na procura, dese anhelado, estado de benestar.
Foi no ámbito comunitario, onde desenvolvimos as actuacións que mais contribuíron na cidadanía.
Aproveitamos como ningunha outra profesión a diversidade, para nós, non é unha imperfección senon un valor enriquecedor.
Fomos feministas, progresistas e aplicamos a filosofía humanista antes que ninguén.
E dende logo, as maiores salvagardas da xustiza social.
No campo da saúde o diagnóstico social foi imprescindible para completar o diagnóstico médico e garantir os tratamentos, somos as profesionais que acompañan durante todo o proceso ao paciente crónico e ás súas familias.
Na atención primaria, a persoa, na súa dimensión bio-psico-social, sitúase no centro do seu proceso de saúde, e a comunidade no nivel fundamental de atención, a traballadora social pasa a formar parte esencial no equipo profesional de referencia.
É preciso destacar tamén o papel do traballo social sanitario nos plans, programas e dispositivos de drogodependencias e outras adiccións, como profesionais de acollida, seguemento contínuo e na elaboración de políticas de prevención.
Somos parte fundamental do noso sistema sanitario que tan valorado está, dentro e fóra deste país.
Debemos de continuar a defender un sistema de protección público; colectivos como menores, mulleres, familias, maiores, discapacidade, inclusión, onde o noso critero é imprescindible e a nosa práctica profesional está recoñecida, a protección debe ser estrita e co máximo rigor, e para isto precísanse servizos e de profesionais capacitados e especificamente formados, cos mecanismos públicos necesarios para garantir o bo desenvolvemento e a calidade das competencias, onde o terceiro sector tamén xogou e xoga un papel importante, pero que nunca pode substituír as obrigas do estado.
Facer mercantilismo con servizos orientados aos colectivos mais vulnerables, non fai mais que favorecer  a  persistencia desta vulnerabilidade.
Na actualidade nun contexto de sociedade desenvolvida, encontramos contradicións entre as vantaxes e o confort dos avances tecnolóxicos.
O incremento de situacións de soidade e illamento fainos unha chamada á reflexión.
Valores indíxenas, como o respeto ao medio ambiente e ás persoas, a necesidade de fomentar o traballo en rede para o beneficio común, promover benestar físico e cultivar a espiritualidade, fánse cada vez máis necesarios e imprescindibles para a sostibilidade dos nosos pobos e cidades. Valores, recollidos no noso código deontolóxico e profundamente arraigados na nosa praxe profesional.
Así atopamos dentro da nosa profesión a capacitación, sensibilidade o compromiso e a concienciación suficiente na busqueda deste equilibrio natural, para creación de espazos saudables onde as persoas venzan as súas dificultades e poidan vivir en harmonía e liberdade.
Dende a nova Xunta Directiva, que recén comezamos a andaina á fronte do colexio profesional, compartimos a visión conxunta dun proxecto ambicioso, cremos na necesidade de tecer redes, que nos permitan aproveitar as sinérxias para construír relacións máis igualitarias e un novo modelo social no que a axuda e a interdependencia entre as persoas sexan o centro.

 

A @SerGalicia entrevistou á nosa vogal de Discapacidade, Carmen Rodríguez sobre a situación dos EVOs en Galicia https://t.co/EJqXqD6XZd
Enviamos unha carta a @elprogreso_Lugo por confundir o termo "traballo social" con "traballos en beneficio da comun… https://t.co/YNS0sSD0aG
Un luxo escoitar a María Elena puñal falando da Historia Social Única. Que opinades dela como profesionais?… https://t.co/g7QUWjb93z
Recomendable para calquera traballadora social escoitar a Saleta de Salvador Agra falando de ética #tecendoredehttps://t.co/6FdCasDU8K
Deixámosvos a alocución da nosa presidenta, Míriam Rodríguez no Día Mundial do Traballo Social. Brava!!!! https://t.co/xvEd091MeN
En breve comezamos o #tecendorede para celebrar o #DíaMundialDoTraballoSocial. Podes seguilo en directo no noso fac… https://t.co/Q96VEcbel9
Hoxe @prazapublica saca esta entrevista coa nosa vicepresidenta, Antía Sobrino, con motivo da celebración que farem… https://t.co/23fGS1BACM
Moi brava a nosa vicepresidenta aportando claves sobre a nosa profesión en @lavozdegalicia co motivo do… https://t.co/40P9Ev4Eg3
Estamos felices de termos falado con Clara de Sáa polo #DíaMundialDoTraballoSocial no Convivir en Igualdade da… https://t.co/fxdfhrxv2n
#DíaMundialDoTraballoSocial 👉Tecer: Enlazar unha serie de fíos paralelos con outra serie colocada perpendicularment… https://t.co/kxxgvofAvX