Novas

Cuns: “Desconfío cando se lle poñen apelidos á pobreza e se presentan como fenómenos aillados, case técnicos e non como perspectivas dunha mesma problemática”

Cuns: “Desconfío cando se lle poñen apelidos á pobreza e se presentan como fenómenos aillados, case técnicos e non como perspectivas dunha mesma problemática”

Cuns: “Desconfío cando se lle poñen apelidos á pobreza e se presentan como fenómenos aillados, case técnicos e non como perspectivas dunha mesma problemática”

Xosé Cuns Traba é un dos blogueiros de referencia galegos en canto a temática social se refire. O seu blog, No me pidan calma, pode atoparse en La Voz de Galicia e nel fai un feixe de reflexións interesantes . Entrevistámolo para a  web do COTSG.
cuns1
_ E que pasa se che pedimos calma?
_Que tamén ma pido eu moitas veces, pero dúrame pouco. Todos os días descubro causas que me motivan a facer algo ou como mínimo a difundilas. E teño a inmensa sorte de coñecer a moitas persoas que, como di a poesía de Benedetti que inspirou o título do blogue, deciden “no quedarse inmóviles al borde del camino“.
Como dicía no artigo “¿Sirve de algo?” ademáis dun certo optimismo teño tamén o convencemento de que con rigor, defensa de dereitos humanos e sobre todo constancia e traballo en rede se consiguen avances na loita contra a pobreza e a exclusión. Por exemplo, coa cooperación ao desenvolvemento: os datos a nivel mundial de redución de pobreza severa, analfabetismo, aumento da esperanza de vida, mortes por guerras, etcétera, son incontestables. Detrás de cada mellora hai milleiros de persoas que teñen pelexado por elas.
_ Dous termos que usas moito cando escribes son pobreza e exclusión social, cal é a diferenza?
_ A pobreza refírese á falla de recursos económicos para acceder a bens e servizos básicos. En España o umbral da pobreza para unha persoa situase en ingresar menos de 684€ ao mes. Se ingresa menos da metade (342€ ao mes) está en situación de pobreza severa, 108.000 galegas e galegos no 2016.
Exclusión social fai referencia a un proceso máis complexo que consiste na perda de integración ou de participación dunha persoa nunha sociedade. Pode incluír a falta de ingresos (perda de traballo, imposibilidade para realizalo e para acceder a unha prestación…), a ausencia de redes familiares e sociais, discapacidade, carencia de vivenda ou distintas combinacións destes e doutros factores. Un exemplo moi claro e indignante é a falla de accesibilidade en rúas, locais comerciais e edificios públicos ou vivendas particulares. De pouco serve ter unha pensión digna para unha persoa en dependencia ou con discapacidade se vive nun edificio sen ascensor ou en moitos nucleos rurais.
Unha boa nova neste eido é que a Unión Europea teña establecido o indicador AROPE (Persoas en Risco de Pobreza ou Exclusión) homoxeneizando a información entre países e comunidades autónomas e facilitando notablemente actuacións de comunicación e denuncia, ou a comparación entre administracións e así avaliar a eficacia das políticas publicas. Informes como “El estado de la pobreza en España”,fichas como “O que debes saber sobre a pobreza en Galicia”, ou webs como “Infancia en datos” son bos exemplos.
_ Unha das cuestión que abordas no teu blogue é a da pobreza. Termos como “pobreza enerxética” ou “pobreza infantil” son eufemismos para mitigar a percepción da pobreza?
_Sí. O que existe é a desigualdade e moitas versións diferentes de implantar o “divide e vencerás” para que non diminúa. Desconfío cando se lle poñen apelidos á pobreza e se presentan como fenómenos aillados, case técnicos e non como perspectivas dunha mesma problemática que debe afrontarse no seu conxunto ainda que prestando atención ás persoas ou colectivos mais perxudicados.
Non existen nenos ou nenas pobres en familias ricas. O que se debe afrontar é a pobreza familiar, con educación, sanidade, servizos sociais e rendas mínimas decentes,áxiles e estables e con especial incidencia a aquelas que teñan fillos e específicamente á pobreza infantil. E o mesmo podemos dicir da pobreza enerxética, hai que afrontala pero non de xeito aillado, con burocracia engadida que deben padecer as persoas que a sufren ou as profesionais que a xestionan.
_ Desde que empezou a crise non facemos máis que escoitar o termo pobreza pero, ten que ver realmente coa crise ou co modelo social?
_Hai uns días conmoveume escoitar a unha traballadora social en activo dende hai mais de vinte anos negándose a rendirse pero laiándose de que agora estaba atendendo aos fillos dos pais e nais cos que traballara hai anos. A maior parte da pobreza non a trouxo a crise, que nin nos anos anteriores baixou do 19% da poboación. E un fenómeno estructural en España, agravado polo escaso desenvolvemento de politicas sociais non vinculadas ao emprego, a “loteria social” da extrema dispersión de medidas e compromiso político e orzamentario entre administracións e un enfoque ainda asistencialista mais pensado en que a persoa saia do sistema antes que sair da pobreza.
Foi clarificador ler este verán un libriño de Kiko Lorenzo que explica moi ben este tema “Metáforas para entender la crisis (y no volver a repetirla)”
_ Cada vez que escoitamos as cifras macro dá a impresión de que a economía non deixa de mellorar. Qué pasa realmente nos fogares en pobreza?
_Que apenas se están enterando desta melloría. O terremoto da crise aparentemente pasou pero milleiros de familias siguen entre os escombros, moi debilitadas tras o esforzo destes anos, a diminución dos aforros ou o esgotamento económico das persoas maiores. Con todas as súas eivas, o relativo aumento de orzamento en medidas de emerxencia como a RISGA, antidesafiuzamentos, etc. está favorecendo unha certa redución da pobreza máis severa. Pero esta mellora é moi feble ante novas crises, sobre todo porque o emprego que se está a crear é de moi baixa calidade.
E imprescindible defender demandas como as de Oxfam Intermon, no senso de que ao mesmo tempo e coa mesma importancia que se difunden valores macroeconómicos como crecemento do PIB, inflación ou balanza de pagos se deberían difundir tamén os de desigualdade, pobreza severa e relativa ou fraude fiscal, e que certifican a mellora da calidade de vida das persoas.
6. Que papel deben xogar os e as traballadoras sociais na loita contra a pobreza?
Para min o traballo social é unha profesión de marcado carácter político que implica decidir de facto sobre como se exerce; se cun contido meramente técnico ou burocrático ou vencellado á loita contra as causas da pobreza ou a desigualdade e a defensa de dereitos sociais das persoas coas que se traballa.
Creo que se está nun momento decisivo á hora de afrontar o aumento brutal da burocracia que está dificultando, cando non provocando, a parálise de procesos de inclusión nos servizos sociais comunitarios ou en organizacións de acción social, e sobre todo perxudicando as persoas en pobreza ou exclusión e reforzando o crecente proceso de culpabilización das mesmas. O definen de maravilla moitas delas cando demandan “Eliminar la violencia administrativa llamada burocracia para que deje de ser una barrera de acceso a nuestros derechos”
Hai boa novas como a Marea Laranxa (ainda que non tanto en Galicia, unha magoa), a reflexión crítica e dialogo en moitos blogues e xornadas. E admiro moito e creo que non está recoñecido dabondo o esforzo que realizan moitas traballadoras sociais en organizacións de acción social, navegando entre administracións públicas, normativas dispersas e prexuizos contra as persoas para as que traballan.
cuns
7. Outro dos temas recurrentes que tratas é o dos refuxiados. O Estado Español fixo o ridículo na cuestión da acollida?
Ridículo ou mellor desprezo ao sufrimento ou aos dereitos humanos. En España donde o compromiso de acoller a 17337 persoas quedou en so 1983, pero non moi diferente ao do conxunto da Unión Europea.
Un tema recurrente porque resume moitas dos factores da pobreza e a desigualdade, non so coas persoas refuxiadas: pretender enfrentar a colectivos e persoas ou entre “pobres de aquí e de alá” no canto de non enfrontar as causas da súa situación, pretender que unha problemática non ten unha historia ou unhas causas detrás e so con medidas inmediatas e neste intre o agravamento brutal do discurso do odio, coas persoas refuxiadas ou con calquera que estea en risco de pobreza.
Qúedome con varias novas positivas: a implicación de moitas persoas en Galicia a favor dos dereitos das persoas refuxiadas e que a morte de Aylan non sexa esquecida, e na que a campaña #VindeXa foi un bo exemplo, iniciativas innovadoras como Ciberespect de Ecos do Sur contra o discurso do odio en redes sociais ou o traballo calado pero moi efectivo de organizacións como ACCEM pola inclusión das novas galegas e galegos as que temos a inmensa sorte de acoller.
8. Non hai moito aparecían en Cambre un corpo momificado. Como afrontar o fenómeno de cada vez máis fogares dunha soa persoa maior que non ten compañía?
Creo que o primeiro e ser conscientes de que co futuro envellecemento da poboación galega, vaise agravar a pobreza nas persoas maiores. Se durante a crise este colectivo non se viu tan perxudicado como o resto de tramos de idade grazas ao relativo mantemento das pensións (o que indica por certo a bondade dos sistemas de rendas coas mínimas condicións e burocracia posible) esto xa non é así.
Está de novo aumentando o risco de pobreza nas maiores de 65 anos. A súa fraxilidade enténdese porque o 62,7% das pensións que se distribúen en Galicia teñen un importe inferior ao limiar da pobreza, un 16,3% por debaixo do da pobreza severa (nas de viudedade un 80,7% e 30,2%). A redución de facto do importe das pensións de xubilación xa está empiorando esta situación.
Afrontar dunha vez o futuro e a viabilidade do sistema de pensións, é unha decisión de prioridade politica, rexeitar tamén aquí o falso discurso da competencia e o enfrontamento entre colectivos polos recursos (neste caso xubilados contra mocidade), denunciar sen descanso o cobarde e flagrante incumprimento da Lei de Dependencia ou apostar de xeito decidido por unha economía dos coidados creo que son algunhas prioridades. E asumo como propias as demandas que fan dende Alzheimer Galicia, por exemplo.
9. Vimos de recoñecer os resultados da EPA cunha importante destrución de emprego tras o verán. Hai esperanza para revertir a tendencia do emprego precarizado e estacional?
“Hai que acabar coa teoloxía do emprego” dicían hai unhas semanas nun grupo de participación de persoas en risco de pobreza. Rematar con dogmas como “a mellor política social é o emprego” ou que “ter traballo é unha garantía para sair da pobreza”. A maioría do emprego que se está a crear é de moi baixa calidade, con contratos precarios, elevada temporalidade e baixos salarios. E especialmente está afectando como sempre as persoas mais vulnerables.
Quizais o primeiro é non resignarse a este modelo ruinoso e inxusto de emprego precario como factor de competitividade. “E inviable competir con salarios baixo, perderíamos o talento” dícía hai uns anos o director xeral de FINSA, a empresa na que aprendín gran parte do que sei. Reclamar dereitos laborais en Galicia e no resto do mundo: subida drástica do salario mínimo interprofesional (e se de paso substitúe a ese cabalo de Troia que é o IPREM, mellor), apoiar un consumo responsable e campañas como Roupa Limpa ou contra a explotación laboral infantil ou aquelas que defenden unhas condicions laborais decentes nos productos que mercamos.
E no que máis nos afecta, non estaría mal a coordinación entre as areas de servizos sociais e emprego dentro e entre a gran maioría das administracións públicas, quizais o tan añorado decreto que desenvolve a Lei de Inclusión nos dea unha pequena boa nova neste eido. Pero tamén destinar os inxentes recursos para emprego (como a Garantía Xuvenil,por exemplo) a programas e procesos de acompañamento, formación e orientación laboral a medio e longo prazo adaptados a cada persoa, sen castigar as persoas desempregadas ou a organizacións do terceiro sector con inxentes e absurdos e continuos requisitos burocráticos obrigandoas a percorrer mostradores en vez de formarse e prepararse para obter un emprego decente. O programa Incorpora, coordinado en Galicia por IGAXES3, creo que é un bo exemplo neste senso.
10. Unha vez, nunha charla, dixeches que “as persoas que din que todos os políticos son iguais é porque elas, no seu lugar, farían o mesmo que os corruptos”…
A frase seguro que levaba algún “as veces penso” ou un “quizais”, que raramente son tan directo, e sempre cun sorriso, claro. Pero o certo é que máis alá dunha certa constatación persoal, dende que comecei en Mans Unidas a traballar como voluntario neste temas teño escoitado infinidade de excusas para non facer nada ante a desigualdade e a pobreza. E botarlle a culpa a calquera outro para evadir a responsabilidade propia é un clásico, cando non oculta un desprezo a quen está en pobreza, como de maravilla describiu Adela Cortina inventando o termo “aporofobia”.
Se de algo sirve implicarse en actuacións de incidencia é comprobar que as persoas non son todas iguais, nin os políticos profesionais tampouco, como tampouco é certa a parvada de que as ONG son apolíticas. O branco e negro non existen e sí un inmenso gris “depende”. Sentinme moi orgulloso do noso Parlamento cando o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza aprobou por unanimidade unha declaración institucional na que dicía que “As persoas non son culpables da súa pobreza. Ninguén é culpable do seu sufrimento. Ningunha persoa é inútil
#DíaMundialDasPersoasRefuxiadas Reformar o sistema de asilo que rexeita aos 1.300 inmigrantes que chegaron á front… https://t.co/ODiHWzqpDH
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X
Aínda que @elprogreso_Lugo use erroneamente e de xeito reiterado "traballos sociais" por "traballos en beneficio da… https://t.co/hJE6QGd2Tm
Aproveitamos que a @SerGalicia nos deixou para poñerlle algúns deberes urxentes a @sanchezcastejon ;) https://t.co/ZLNg6HZROQ
Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU
Toda a nosa repulsa á sentenza da #Manada #NósCrémoste https://t.co/RxJUfRsuMm https://t.co/mJmx8cz0WC