Cooperacións e colaboracións

Cooperación e Colaboracións

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia como órgano representativo da profesión participa na actualidade nos seguintes organismos:

 























































































Consello Xeral de Traballo Social O Consello Xeral do Traballo Social é o órgano representativo, coordenador e excutivo dos 36 Colexios Oficiais de Traballo Social no territorio estatal que agrupan un total de 40.000 persoas colexiadas
Marea Laranxa A Marea Laranxa é unha campaña de protesta polos recortes que se están a levar a cabo por parte das administracións nos Servizos Sociais. Trátase dun movemento, unha Marea, cidadán
Consello Galego de Saúde. É o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia, que asesora a Consellería de Sanidade na formulación da política sanitaria e no control da súa execución.Antes da súa presentación e publicación coñecerá o anteproxecto do Plan de saúde, así como a memoria anual do Servizo Galego de Saúde, para os efectos do seguimento e avaliación da xestión do Servizo Galego de Saúde e a proposta de medidas de mellora na xestión.Está integrado polos seguintes membros:

  • Seis vocais en representación da Administración sanitaria da Xunta, designados polo conselleiro de Sanidade.

  • Doce vocais en representación dos cidadáns, a través das entidades locais.

  • Oito vocais en representación das organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Oito vocais en representación das organizacións empresariais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Seis vocais en representación das organizacións de consumidores e usuarios.

  • Seis vocais en representación dos colexios profesionais sanitarios.

  • Dous vocais en representación das reais academias radicadas en Galicia e cuns fins que se relacionen directamente coas ciencias da saúde.

  • O presidente do Consello Galego de Saúde é o conselleiro de Sanidade ou a persoa en quen delegue, de entre os seus membros.




Consello Galego de Benestar O Consello Galego de Benestar Social, xunto coa Mesa Galega de Servizos Sociais teñen como funcións a vixiancia do cumprimento das medidas que recolle a Lei de inclusión social, facendo un seguimento tanto dos procesos de concesión da RISGA, como da correcta aplicación das medidas de fomento do emprego que prevé a propia normativa.A este organismo están adscritos o Observatorio Galego de Servizos Sociais e a Mesa Galega de Servizos Sociais.Observatorio de Servizos Sociais:Será o encargado de establecer un sistema de información permanente sobre a situación dos servizos sociais en Galicia, realizará investigacións e elaborará informes periódicos que reflictan as principais variables sociais e permitan facer propostas encamiñadas a promover o desenvolvemento das políticas sociais de Galicia.Mesa Galega de Servizos Sociais:A Mesa é un órgano de participación institucional dos axentes sociais, e estará presidida pola Administración e contará coa participación dos distintos axentes sociais.

O Consello Galego de Benestar Social está regulado polo DECRETO 246/2011, do 15 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no relativo aos órganos consultivos e de participación. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120104/AnuncioCA05-231211-10287_gl.html
Observatorio Galego de Violencia de Xénero da Secretaría Xeral da Igualdade O Observatorio Galego da Violencia de Xénero é un órgano previsto na Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que se encarga do estudo, avaliación e seguimento das políticas contra esta lacra que se desenvolvan en Galicia.Traballa contra a violencia de xénero desde unha perspectiva integral, que engloba todos os ámbitos de actuación.O Observatorio ten tres grupos de traballo. O primeiro encárgase da elaboración dun Protocolo de Coordinación e Cooperación Institucional fronte á violencia de xénero a nivel autonómico. O segundo, ten como obxectivo escoitar as experiencias directas das vítimas para extraer conclusións e directrices de mellora nas actuacións. O último grupo aborda a violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo, determinando estratexias e propostas de traballo preventivo coa xente nova.Aínda que o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia non está presente polo momento no Pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero participa no Subgrupo Técnico que se acordou constituír nunha xuntanza mantida polo Grupo de Traballo 1 (GT1), integrado no Observatorio Galego da Violencia de Xénero, que ten como misión a  elaboración dun Protocolo de coordinación Institucional fronte á violencia de xénero na CCAA de Galicia.
Comisión Galega de Coordinación e Seguimento da Actividade fronte á Infección por VIH/SIDA e outras Infeccións de Transmisión Sexual (ITS) É o organo de apoio e colaboración coas entidades encargadas de executar as tarefas para a prevención da infección do VIH/SIDA, co obxectivo de facilitar e rentabilizar a realización das accións necesarias para diminuir a propagación desta infección, facer fronte ás súas consecuencias sobre as persoas e a sociedade, garantir a atención socio-sanitaria dos afectados/as e mellorar a súa calidade de vida nunha contorna favorable.
Grupo de Traballo Estratexia galega sobre discapacidade ESGADI É un grupo de traballo formado pola Consellería de Traballo e Benestar, para a elaboración da Estratexia Galega de Discapacidade
Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela O Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela ten natureza de órgano colexiado, de carácter consultivo e de asesoramento aos diferentes órganos do Concello, no relativo o ámbito dá familia, benestar social, igualdade e emprego.Os seus fins son:

  1. Canalizar a participación da cidadanía a través das entidades, organizacións e institucións máis representativas nos sectores de actuación da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego.

  2. Promover e facilitar o intercambio e a posta en común co obxecto de propoñer solucións perante as novas necesidades xurdidas nestes ámbitos de actuación.

  3. Promover o carácter integral das políticas nestas áreas de actuación e facilitar a súa coordinación e transversalidade.



 
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X
Aínda que @elprogreso_Lugo use erroneamente e de xeito reiterado "traballos sociais" por "traballos en beneficio da… https://t.co/hJE6QGd2Tm
Aproveitamos que a @SerGalicia nos deixou para poñerlle algúns deberes urxentes a @sanchezcastejon ;) https://t.co/ZLNg6HZROQ
Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU
Toda a nosa repulsa á sentenza da #Manada #NósCrémoste https://t.co/RxJUfRsuMm https://t.co/mJmx8cz0WC
Seguimos a traballar para que todos os días sexan #25deAbrilSempre https://t.co/tYW9o5A8vi