Premios Traballo Social 2018

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) co fin de incentivar a participación das persoas colexiadas e ao mesmo tempo, divulgar a súa labor profesional entre a sociedade, creou uns premios de carácter anual que contribúan a acadar ambas fins.

Establécense tres categorías:

  • Categoría Investigación: consistirá en recoñecer un traballo de investigación realizado por traballadores/as sociais colexiados/as. A investigación deberá estar rematada no momento da solicitude.
  • Categoría de Boas Prácticas: consistirá en recoñecer unha experiencia de boa práctica, realizada por traballadores/as sociais colexiados/as, entendida esta como forma óptima de executar un proceso que poida servir de modelo para outras entidades ou organizacións.
  • Categoría de Traballo de Fin de Grao (TFG) ou Traballo de Fin de Máster (TFM): consistirá en recoñecer un traballo de fin de grao ou fin de máster elaborado por persoas precolexiadas ou colexiadas do COTS de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de xaneiro de 2018 (incluido)

Bases e formularios:

Premios a teses doutorais sobre violencia contra a muller

Orde SSI/121/2017, de 8 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras dos Premios da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero a teses doctorais sobre violencia contra a muller. (BOE nº 38 do 14/02/2017)

A finalidade dos Premios da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero a teses doutorais sobre violencia contra a muller é a de recoñecer e recompensar ás persoas autoras daquelas teses doutorais que, como consecuencia da súa investigación, contribuísen a mellorar o coñecemento da dimensión, consecuencias e características da violencia contra a muller, así como os medios para evitala.

Requisitos

  1. Poderán concorrer ás correspondentes convocatorias, con arranxo ao que nas mesmas se determine, as persoas físicas de nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea, que defendesen a súa tese doutoral en calquera universidade española obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude, dentro do período e nas condicións establecidas en cada convocatoria.
  2. As teses doutorais deberán estar escritas en castelán, podendo conter seccións ou artigos nunha segunda lingua sempre que se achegue a tradución, e ser inéditas. Considerarase incumprido este requisito cando, con anterioridade á presentación da solicitude para participar na convocatoria, a tese fose integramente reproducida de forma múltiple en calquera formato de impresión ou medio audiovisual, ou resultase premiada por algunha Administración pública ou calquera entidade de carácter público ou privado, salvo que a publicación levouna a cabo a mesma universidade na que se presentou a tese.
  3. As persoas solicitantes, con independencia de que nas respectivas convocatorias se establezan outros requisitos específicos, deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos: ter plena capacidade de obrar, non estar inhabilitadas ou incursas en prohibición para a obtención de axudas ou subvencións públicas e acharse ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.
#WebDoCOTSG Iniciamos esta etapa con moita ilusión e con ánimo de traballar para defender a nosa profesión, ás e ao… https://t.co/FYi7EHDcpW
#FormaciónCOTSG "O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde M… https://t.co/X6iJeysaJD
Cóntanos @xosecuns que a entrevista que lle fixemos para a #WebDoCOTSG lle fixo reflexionar, e por iso escribiu est… https://t.co/Ri4g52Pj9r
Ollo! Está aberto o periodo de alegacións para o Decreto da #Risga da @Xunta Consulta como facelo na nosa web… https://t.co/yEO0H0yH8d
#FormaciónCOTSG lembrade consultar os últimos cursos de #teleformación https://t.co/Ex3QQniSXV
#WebDoCOTSG Podedes ver a entrevista a @xosecuns Todo un luxo!!!! #TecendoRede https://t.co/9Ritx6xoCs
Vale que hoxe son as eleccións en Cataluña, pero as do Colexio de Traballo Social non son menos importantes! Xa pas… https://t.co/B9j7Qbx53F
Moita xente pequena, en sitios pequenos, facendo cousas pequenas, pode mudar o mundo. O COTSG deséxavos un Bo Nadal… https://t.co/AkqzS4GdRl
#WebDoCOTSG Facemos un popurri con algunhas das noticias que saíron nos medios sobre o COTSG, mesmo en… https://t.co/3RA6YnJ02W
#FormaciónCOTSG lembra anotarte nestes dous cursos. As prazas son limitadas!! Traballo Social e promoción da saúde… https://t.co/JyVaNXeAY2
Así, a guía amosa exemplos -deficientes e correctos- de novas ligadas á exclusión social, os feminicidios, a divers… https://t.co/HZirBUtTmk