Como precolexiarse ?

A figura do alumnado precolexiado é transitoria e previa á de profesional colexiado e colexiada; créase para dar acceso ao estudantado que estea matriculado no Grado en Traballo Social, e/ou realizando o Traballo de Fin de Grao, e que desexe incorporarse ao COLEXIO OFICIAL DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA.

OBXECTIVOS
Facilitarlle o acceso ás persoas que se atopen próximas a obter o Grao en Traballo Social á futura colexiación, así como

  • Favorecer o contacto do COTSG co ámbito do estudantado das Escolas Universitarias e Facultades de Traballo Social de Galicia.
  • Fomentar o vínculo do colectivo e os beneficios do grupo para mellorar as condicións da profesión de servizos á cidadanía.

REQUISITOS PARA SOLICITAR A PRECOLEXIACIÓN
Ser estudante/a do Grao en Traballo Social e/ou estar a realizar o Traballo de Fin de Grao para a obtención da devandita titulación.
Presentar a correspondente solicitude por escrito dirixida á Presidencia do Colexio Oficial do Traballo Social de Galicia, acompañada da documentación requirida.

DOCUMENTACION PARA SOLICITAR A PRECOLEXIACIÓN

  • 1 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte.
  • Fotocopia compulsada do Certificado Académico co número de créditos superados no Grao de Traballo Social.
  • Fotocopia compulsada da matrícula no Grao en Traballo Social do ano en curso.
  • Solicitude de alta de precolexiación cumprimentada.

COTA DE PRECOLEXIACION

  • Establécese unha cota de precolexiación de 30,00 €. O importe da cota de precolexiación poderá ser modificada por acordo da Xunta de Goberno do Colexio.
  • O feito de ser precolexiado/a, eximirá do pago da matriculación unha vez se pase a formar parte do COTSG como colexiados/as.

 

LUGAR DE PRESENTACION DA SOLICITUDE
A solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación necesaria para solicitar a precolexiación, presentásese na sede do Colexio do Traballo Social de Galicia sito na Rúa Dublín 6 baixo en Santiago de Compostela.

DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS PRECOLEXIADAS
A figura da Precolexiación é totalmente voluntaria, e non se adquiren os dereitos e deberes das persoas colexiadas, senón só o acceso aos servizos que se explicitan no presente regulamento.
Unha vez recibida a solicitude de precolexiación, acompañada da documentación necesaria, o Colexio procederá á inscrición da persoa solicitante cunha clave que se facilitará á persoa interesada. Dita clave será anulada no momento que cause baixa a persoa pre-colexiada.
As persoas precolexiadas gozarán dos mesmos servizos que as persoas colexiadas agás as asesorías xurídica e laboral.
Serán servizos para as persoas colexiadas:

  • Orientación Laboral
  • Biblioteca e asesoría documental e bibliográfica
  • Acceso aos servizos da web para persoas colexiadas
  • Acceso á formación do COTSG
  • Acceso ás publicacións realizadas polo COTSG (Fío e Fervenzas)

Son obrigas das persoas precolexiadas:

  • Acatar o disposto no presente Regulamento.
  • Participar, dentro do respecto aos demais, do uso e goce dos bens e servizos do Colexio nas condicións establecidas no presente
  • Regulamento e nas disposicións xerais de uso do Propio COTSG.

DURACION DA PRECOLEXIACION
A condición de precolexiación renovarase o 30 de setembro de cada ano, a partir do ano seguinte ao da 1ª precolexiación, a través da presentación dunha copia da matrícula do curso académico que corresponda e do xustificante de pago da cota de precolexiación.
A finalización dos estudos que conducen á obtención do título dá lugar á perda da condición de precolexiación.

PERDA DA SITUACIÓN DE PRECOLEXIACIÓN
Unha vez finalizados os estudos, e previa achega da documentación acreditativa de estar en posesión da titulación universitaria de Grao en Traballo Social, poderá solicitarse a alta como persoa colexiada nas condicións que en cada momento estean en vigor no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
Son causas da perda da condición de precolexiación as seguintes:

  • Petición expresa por escrito da persoa interesada ante o Colexio.
  • Falta da presentación da copia da matrícula do ano en curso no prazo establecido a tal fin.
  • Finalización dos estudos que conducen á obtención do Grao en Traballo Social.

PROTECCIÓN DE DATOS
As persoas colexiadas pasarán a formar parte dun ficheiro como usuarias, propiedade do COTSG e inscrito na Axencia Española Protección de Datos. Os dereitos sobre os datos de cancelación ou modificación nese ficheiro poderán ser exercidos en calquera momento polas persoas precolexiadas dirixíndoos ao Colexio mediante envío de correo-e ao enderezo-e: info@traballosocial.gal

Solicitude_alta_precolexiacion (doc)

Solicitude_alta_precolexiacion (pdf)

‼OLLO! No COTSG sorteamos unha viaxe formativa a Madrid para a colexiación e encargámonos dos gastos da matrícula e… https://t.co/iVvkEvFSut
👉Unha mostra máis do poliédrica que é a nosa profesión e da súa importancia para mellorar a vida e dar certezas ás… https://t.co/MwA1mR94Zh
🔴🔴Lembrade que o sábado 22 de setembro ás 11.30h está convocada unha xuntanza no Centro Sociocultural de Fontiñas d… https://t.co/XP0NhWaNEY
Os procesos de construción social deben ser sempre de arriba a abaixo e contando con todos os axentes que conforman… https://t.co/UADm9yEKFD
O borrador da Ordenanza Cívica do #ConcelloDeLugo sanciona ás persoas vítimas de exclusión social https://t.co/AmF47IArTQ
Abrimos o proceso de selección dunha persoa para levar a cabo as tarefas de administrativa/o na sede do Colexio. Da… https://t.co/76iTG7yduC
‼‼👉Difundimos este manifesto dun grupo de traballadoras e traballadores sociais do SAF 👉Nel expoñen as dificultades… https://t.co/58NRJjVQYi
Dende o COTSG, queremos agradecervos a vosa implicación e colaboración nas aportacións recibidas para engadir ás al… https://t.co/FVETD4bTRb
Posicionamiento do Consello Xeral do Traballo Social ante o RD Lei 9/2018 de medidas urxentes para o desenvolvement… https://t.co/T6NG28n5gl
As/os traballadores/as sociais reivindicamos a nosa plena capacidade para acreditar situacións de violencia de xéne… https://t.co/9p1X3HfC7G
Útil ferramenta para traballadoras e traballadores sociais para calcular se as persoas usuarias teñen dereito ao bo… https://t.co/vxtWaIC5Ul
Os disturbios no bar Stonewall, hai 49 anos en EEUU, provocaron que a poboación LGBTI alzase a súa voz e reclamase… https://t.co/OmovnQF7wF
#DíaMundialDasPersoasRefuxiadas Reformar o sistema de asilo que rexeita aos 1.300 inmigrantes que chegaron á front… https://t.co/ODiHWzqpDH
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X