¿Como colexiarse?

REQUISITOS

A incorporación ao Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia esixirá, polo menos, a existencia conxunta dos seguintes requisitos:

- Ser maior de idade.

- Presentar a correspondente solicitude dirixida á Presidencia da Xunta de Goberno do colexio, achegando o título profesional ou o certificado académico de finalización dos estudos correspondentes, e o recibo acreditativo de ter satisfeitos os dereitos de expedición do título. Os/as profesionais co título de traballador/a social expedido por outros estados membros da Unión Europea deberán achegar, ademais do respectivo título académico, a correspondente resolución de recoñecemento deste para o exercicio da profesión en España. Nos casos de títulos expedidos por países non-membros da Unión Europea, xuntarán o preceptivo título de validación dos seus estudos de diplomado ou diplomada en traballo social.

- Satisfacer a cota de inscrición que determine o colexio oficial. No caso de que a persoa solicitante xa estivese inscrito noutro Colexio de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais, será suficiente que achegue certificación acreditativa deste último.

- A adquisición da condición de persoa colexiada farase efectiva mediante a correspondente resolución expresa do colexio oficial.

DOCUMENTACION NECESARIA

- Dúas fotografías tamaño carné (18 x 24 mm.)
– Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte
– Fotocopia compulsada do título profesional de Traballo Social ou fotocopia compulsada da solicitude de expedición do mesmo.
– Certificado de demanda de emprego do Servizo Galego de Colocación.
– Fotocopia ou documento bancario onde aparezan os vinte díxitos da conta onde se desexe domiciliar o pago das cotas anuais.
– Xustificante de ter realizado o ingreso da matricula de inscrición, mediante abono en efectivo, transferencia bancaria, pago mediante TPV, ou ingreso na conta de Caixanova co seguinte IBAN:

IBAN FORMATO IMPRESO: IBAN ES26 2080 5195 8830 4000 6153
IBAN FORMATO ELECTRÓNICO: ES2620805195883040006153

Os importes calcúlanse en función da situación laboral e do tempo transcorrido dende o remate dos estudos ata o momento da colexiación:

MATRICULA DESEMPREGO ACTIVO
Menos de 2 anos 22,00 € 30,00 €
Máis de 2 anos 44,00 € 60,20 €
Cota anual
O importe da cota colexial anual establecese en función da situación laboral (persoas colexiadas en desemprego e persoas colexiadas en activo).
As cotas a aboar no exercicio 2015 figuran na táboa seguinte:

T.S. Desemprego T.S. en Activo
COTA ANUAL 75,00 € 150,00 €

As cotas corresponden ao ano natural, e se poderán fraccionar en anuais ou semestrais, cargándose as cotas anuais no mes de xuño e as cotas semestrais nos meses de xuño e decembro do ano en curso.

No importe da cota vai incluída a cota destinada ao Consejo General de Diplomados en Trabajo Social.

 

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA A COLEXIACIÓN: INSCRICIÓN EN LIÑA (Encher e imprimir) >>

ORDE DE DOMICILIACIÓN: (Documento formato Word DOC)  (Documento formato Acrobat PDF)

SOLICITUDE DE BAIXA COLEXIAL: Descargar impreso.

 

#WebDoCOTSG Iniciamos esta etapa con moita ilusión e con ánimo de traballar para defender a nosa profesión, ás e ao… https://t.co/FYi7EHDcpW
#FormaciónCOTSG "O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde M… https://t.co/X6iJeysaJD
Cóntanos @xosecuns que a entrevista que lle fixemos para a #WebDoCOTSG lle fixo reflexionar, e por iso escribiu est… https://t.co/Ri4g52Pj9r
Ollo! Está aberto o periodo de alegacións para o Decreto da #Risga da @Xunta Consulta como facelo na nosa web… https://t.co/yEO0H0yH8d
#FormaciónCOTSG lembrade consultar os últimos cursos de #teleformación https://t.co/Ex3QQniSXV
#WebDoCOTSG Podedes ver a entrevista a @xosecuns Todo un luxo!!!! #TecendoRede https://t.co/9Ritx6xoCs
Vale que hoxe son as eleccións en Cataluña, pero as do Colexio de Traballo Social non son menos importantes! Xa pas… https://t.co/B9j7Qbx53F
Moita xente pequena, en sitios pequenos, facendo cousas pequenas, pode mudar o mundo. O COTSG deséxavos un Bo Nadal… https://t.co/AkqzS4GdRl
#WebDoCOTSG Facemos un popurri con algunhas das noticias que saíron nos medios sobre o COTSG, mesmo en… https://t.co/3RA6YnJ02W
#FormaciónCOTSG lembra anotarte nestes dous cursos. As prazas son limitadas!! Traballo Social e promoción da saúde… https://t.co/JyVaNXeAY2
Así, a guía amosa exemplos -deficientes e correctos- de novas ligadas á exclusión social, os feminicidios, a divers… https://t.co/HZirBUtTmk