Desde o Grupo de Investigación en Educación, Actividade Física e Saúde (GIES-10) da Universidade de Vigo estamos levando a cabo unha investigación sobre a Síndrome de Burnout e as condicións laborais dos profesionais do Traballo Social de Galicia e, por iso, solicitamos a túa colaboración.
Consideramos que, dende hai uns anos, aspectos vinculados coa carga laboral e outras condicións asociadas ao posto de traballo poden estar influíndo nos nosos niveis de esgotamento físico e mental. Por isto, agradecémosche que colabores con nós para poder facermos un estudo neste eido.
Só tés que acceder ao seguinte enlace web e, dende el, poderás cubrir o cuestionario na súa totalidade.
ACCESO A CUESTIONARIO:
O cuestionario é sinxelo e curto; porén, é importante que contestes a todas as preguntas sinceramente. Asemade, informámoste de que a información que se recolle no cuestionario é totalmente confidencial e só ten fins científicos, polo que se garante o anonimato das respostas.
Agradecémosche moito de antemán a túa colaboración.
Grupo GIES-10 – Universidade de Vigo