Funcións

Función preventiva: actuación precoz sobre as causas que xeran problemáticas individuais e colectivas, derivadas das relacións humanas e da contorna social. Elaboración e execución de proxectos de intervención para grupos de poboación en situacións de risco social e de carencia de aplicación dos dereitos humanos.

 

Función de atención directa: responde á atención de individuos ou grupos que presentan, ou están en risco de presentar problemas de índole social. O seu obxecto será potenciar o desenvolvemento das capacidades e facultades das persoas, para afrontar por si mesmas futuros problemas e integrarse satisfactoriamente na vida social.

 

Función de planificación: é a acción de ordenar e conducir un plan de acordo cuns obxectivos propostos, contidos nun programa determinado mediante un proceso de análise da realidade e do cálculo das probables evolucións da mesma. Esta función pódese desenvolver a dous niveis: microsocial, que comprende o deseño de tratamentos, intervencións e proxectos sociais e macrosocial, que comprende o deseño de programas e servizos sociais.

 

Función docente: co obxectivo de impartir ensinos teóricos e prácticas de Traballo Social e de Servizos Sociais, tanto nas propias escolas universitarias de Traballo Social, como noutros ámbitos académicos, así como contribuír á formación teórico-práctica pregrado e posgrao de alumnos/as de Traballo Social e doutras disciplinas afíns. Os diplomados en Traballo Social/asistentes sociais, son os profesionais idóneos para impartir a docencia nas materias de Traballo Social e servizos sociais.

 

Función de promoción e inserción social: realízase mediante actuacións encamiñadas a restablecer, conservar e mellorar as capacidades, a facultade de autodeterminación e o funcionamento individual ou colectivo. Tamén mediante o deseño e a implementación das políticas sociais que favorezan a creación e reaxuste de servizos e recursos adecuados á cobertura das necesidades sociais.

 

Función de mediación: na función de mediación o diplomado en Traballo Social/asistente social actúa como catalizador, posibilitando a unión das partes implicadas no conflito co fin de posibilitar coa súa intervención que sexan os propios interesados quen logren a resolución do mesmo.

 

Función de supervisión: proceso dinámico de capacitación mediante o cal, os diplomados en Traballo Social/asistentes sociais responsables da execución dunha parte do programa dun servizo, reciben a axuda dun profesional do Traballo Social coa finalidade de aproveitar da mellor forma posible os seus coñecementos e habilidades e perfeccionar as súas aptitudes de forma que executen as súas tarefas profesionais dun modo máis eficiente e con maior satisfacción, tanto para eles mesmos como para o servizo.

 

Función de avaliación: ten a finalidade de constatar os resultados obtidos nas distintas actuacións, en relación cos obxectivos propostos, tendo en conta técnicas, medios e tempo empregados. Tamén a de asegurar a dialéctica da intervención. Indica erros e disfuncións no realizado e permite propor novos obxectivos e novas formas de conseguilos. Favorece as achegas teóricas ao traballo social.

 

Función xerencial: desenvólvese cando o traballador social ten responsabilidades na planificación de centros, organización, dirección e control de programas sociais e servizos sociais.

 

Función de investigación: proceso metodolóxico de descubrir, describir, interpretar, explicar e valorar unha realidade, a través dun traballo sistematizado de recollida de datos, establecemento de hipótese e verificación das mesmas, empregando para iso técnicas profesionais e científicas a fin de contextualizar unha adecuada intervención e/ou acción social planificada.

 

Función de coordinación: para determinar mediante a metodoloxía adecuada as actuacións dun grupo de profesionais, dentro de una mesma organización ou pertencentes a diferentes organizacións, a través da concertación de medios, técnicas e recursos, a fin de determinar unha liña de intervención social e obxectivos comúns con relación a un grupo poboacional, comunidade ou caso concreto.

 

Útil ferramenta para traballadoras e traballadores sociais para calcular se as persoas usuarias teñen dereito ao bo… https://t.co/vxtWaIC5Ul
Os disturbios no bar Stonewall, hai 49 anos en EEUU, provocaron que a poboación LGBTI alzase a súa voz e reclamase… https://t.co/OmovnQF7wF
#DíaMundialDasPersoasRefuxiadas Reformar o sistema de asilo que rexeita aos 1.300 inmigrantes que chegaron á front… https://t.co/ODiHWzqpDH
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X
Aínda que @elprogreso_Lugo use erroneamente e de xeito reiterado "traballos sociais" por "traballos en beneficio da… https://t.co/hJE6QGd2Tm
Aproveitamos que a @SerGalicia nos deixou para poñerlle algúns deberes urxentes a @sanchezcastejon ;) https://t.co/ZLNg6HZROQ
Moita xente na mesa coordinada por nós sobre o empobrecemento nas persoas maiores #tecendorede https://t.co/2RFYYs8tfz
Mañá empeza GALIsenior, XI Salón Internacional das Persoas Maiores en @EXPOURENSE e queremos convidar a todas aquel… https://t.co/z2EWnHCUdE
Hoxe presentamos xunto con outras 17 asociacións 🙋‍♀🙋‍♂ o acordo "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" enfronte… https://t.co/UFcvOSKPDw
🔴🔴Loitar para recuperar os dereitos laborais é un dos retos sociais ao que nos enfrontamos. As e os traballadores s… https://t.co/mi7DtgCZOU