Ética no traballo social

O primeiro código deontolóxico en Traballo Social editado polo Consello Xeral do Traballo Social foi aprobado por Asemblea Xeral de Colexios Oficiais de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais na súa sesión extraordinaria de 29 de maio de 1999. Desde entón, no seguintes dez anos, o código imprimiuse até en seis ocasiones.

O presente documento é unha actualización do anterior texto, sendo o primeiro Código Deontolóxico do século XXI que edita o Consello Xeral do Traballo Social, e xustificase na necesidade de profundar nos principios éticos e deontolóxicos profesionais atendendo ás novas realidades sociais e ás normas que inflúen directamente na actividade profesional.

Os seus obxectivos, entre outros, teñen que ver coa necesidade de acotar responsabilidades profesionais, promover o incremento dos coñecementos científicos e técnicos, definir o correcto comportamento profesional coas persoas, coa persoa usuaria e con outros profesionais, evitar a competencia desleal, manter o prestixio da profesión, perseguir o constante perfeccionamento das tarefas profesionais, atender ao servizo á cidadanía e ás institucións, valorar a confianza como factor importante e decisivo nas relacións públicas e servir de base para as relacións disciplinarias.

Se o anterior documento estableceu un marco de regulación dos principios éticos e criterios profesionais polos que se rexe a profesión de traballo social, o actual código pretende superar as dificultades coas que se atopou a profesión ao longo da década seguinte. Este código serve para confirmar o compromiso da profesión do traballo social coa sociedade, incluíndo os avances científico-técnicos e o desenvolvemento de novos dereitos e responsabilidades tanto do profesional do traballo social como das persoas usuarias.

Respecto ao papel do profesional do traballo social, habemos de ter en conta as súas funcións:

Ocúpanse de planificar, proxectar, calcular, aplicar, avaliar e modificar os servizos e políticas sociais para os grupos e comunidades. Actúan con casos, grupos e comunidades en moitos sectores funcionais utilizando diversos enfoques metodolóxicos, traballan nun amplo marco de ámbitos organizativos e proporcionan recursos e prestacións a diversos sectores da poboación a nivel micro, meso e macro social. Algunhas das funcións poderanse desenvolver de maneira interrelacionada, de acordo á metodoloxía especifica da intervención que se utilice.

Diso despréndese:

  • Información
  • Investigación
  • Prevención
  • Asistencia
  • Atención directa
  • Promoción e inserción social
  • Mediación
  • Planificación
  • Xerencia e dirección
  • Avaliación
  • Supervisión
  • Docencia
  • Coordinación

 

Para desenvolver as súas funcións, os profesionais do traballo social contan cuns instrumentos específicos do traballo social:

 

  • Historia social, documento no que se rexistran exhaustivamente os datos persoais, familiares, sanitarios, de vivenda, económicos, laborais, educativos e calquera outros significativos da situación socio-familiar dunha persoa usuaria, a demanda, o diagnóstico e subseguinte intervención e a evolución de tal situación.
  • Ficha Social, soporte documental de traballo social, no que se rexistra a información sistematizable da historia social.
  • Informe Social, ditame técnico que serve de instrumento documental que elabora e asina con carácter exclusivo o profesional do traballo social. O seu contido derívase do estudo, a través da observación e a entrevista, onde queda reflectida en síntese a situación obxecto, valoración, un ditame técnico e unha proposta de intervención profesional.
  • Escalas de valoración social. Instrumento científico que serve para identificar situacións sociais nun momento dado. Permite elaborar un diagnóstico social
  • Proxecto de intervención social, deseño de intervención social que comprende unha avaliación-diagnóstico da situación e persoas con quen actuar, unha determinación de obxectivos operativos, actividades e tarefas, utilización de recursos, temporalización e criterios de avaliación.

 

En base a estas premisas que definen a actividade do traballador/a social elaborouse un Código Deontolóxico para a profesión do traballo social en España, documento fundamental para o bo desempeño da profesión.

Sirvan as presentes normas deontolóxicas para recoller os dereitos e deberes de todos os traballadores sociais no exercicio da súa actividade profesional.

‼OLLO! No COTSG sorteamos unha viaxe formativa a Madrid para a colexiación e encargámonos dos gastos da matrícula e… https://t.co/iVvkEvFSut
👉Unha mostra máis do poliédrica que é a nosa profesión e da súa importancia para mellorar a vida e dar certezas ás… https://t.co/MwA1mR94Zh
🔴🔴Lembrade que o sábado 22 de setembro ás 11.30h está convocada unha xuntanza no Centro Sociocultural de Fontiñas d… https://t.co/XP0NhWaNEY
Os procesos de construción social deben ser sempre de arriba a abaixo e contando con todos os axentes que conforman… https://t.co/UADm9yEKFD
O borrador da Ordenanza Cívica do #ConcelloDeLugo sanciona ás persoas vítimas de exclusión social https://t.co/AmF47IArTQ
Abrimos o proceso de selección dunha persoa para levar a cabo as tarefas de administrativa/o na sede do Colexio. Da… https://t.co/76iTG7yduC
‼‼👉Difundimos este manifesto dun grupo de traballadoras e traballadores sociais do SAF 👉Nel expoñen as dificultades… https://t.co/58NRJjVQYi
Dende o COTSG, queremos agradecervos a vosa implicación e colaboración nas aportacións recibidas para engadir ás al… https://t.co/FVETD4bTRb
Posicionamiento do Consello Xeral do Traballo Social ante o RD Lei 9/2018 de medidas urxentes para o desenvolvement… https://t.co/T6NG28n5gl
As/os traballadores/as sociais reivindicamos a nosa plena capacidade para acreditar situacións de violencia de xéne… https://t.co/9p1X3HfC7G
Útil ferramenta para traballadoras e traballadores sociais para calcular se as persoas usuarias teñen dereito ao bo… https://t.co/vxtWaIC5Ul
Os disturbios no bar Stonewall, hai 49 anos en EEUU, provocaron que a poboación LGBTI alzase a súa voz e reclamase… https://t.co/OmovnQF7wF
#DíaMundialDasPersoasRefuxiadas Reformar o sistema de asilo que rexeita aos 1.300 inmigrantes que chegaron á front… https://t.co/ODiHWzqpDH
O 26 de xuño temos Asemblea Xeral! Queremos un colexio aberto, transparente, compartido, común, horizontal... Vés?… https://t.co/QyZ9Kmr59X